Go to page content
Author and year
Descoñecido, Último cuarto do século XIX
Technique
Óleo / ferro
Dimensions
48 x 56'5 cm

A lectora é unha obra, quizais da escola francesa, na que se aprecia un grande influxo do pintor barroco George de La Tour no tratamento da luz, malia estar o tema máis próximo a Vermeer: o íntimo, a soidade dunha dama, adquire unha significación especial na colección da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán polo propio tema da lectura, unha actividade relacionada co ocio feminino, unha escena de xénero propia do século XIX. Precisamente é nesta época cando se democratiza o retrato das mulleres nas súas ocupacións e cando ler se converte nunha forma de posar á moda.

Emilia Pardo Bazán relata nos seus Apuntes autobiográficos un episodio persoal que dá conta da paixón pola lectura que transmite este óleo: «Cierto día hallábame yo en casa de una de las pocas amigas de mi edad que tuve. Por casualidad nos quedamos solas en el despacho de su padre, y atrajeron mis ojos las estanterías llenas de libros. Di un chillido de alegría: lo primero que había leído en el lomo de un grueso volumen era el rótulo “Víctor Hugo: Nuestra Señora de París”. No hubo lucha entre el deber y la pasión: ésta triunfó sin pelear. Si pedía el libro, claro está que me lo negarían, o al menos consultarían a mis padres, y entonces, adiós Víctor Hugo. Lo cogí a hurto, escondiéndolo entre el abrigo y trayéndolo a casa, donde lo oculté en un bufetillo en que guardaba mis cintas y aretes. De noche pasó a cobijarse bajo la almohada, y hasta que se apuró la bujía leí sin contar las horas».

Esta lembranza transmite a inquietude por coñecer o mundo que fixo de Pardo Bazán a nena capaz de sacarlle o máximo proveito á literatura. Pouco despois debutaba como novelista, con só trece anos, con Aficciones peligrosas, protagonizada por unha muller cun notable hábito lector que provocará efectos non desexados. Tamén Amparo en La Tribuna, Leocadia en El cisne de Vilamorta, Feíta en Doña Milagros, Clara en La Quimera… eran mulleres lectoras que, como a propia Pardo Bazán, atoparon nos libros o seus momentos de intimidade.