Go to page content
  1. The House-Museum

Doce pezas de referencia

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán conta cun fondo de case catrocentas pezas, moitas delas pertencentes á colección persoal da escritora. Son cadros, mobles, esculturas tapices ou porcelanas que herdou ou adquiriu e conservou en vida, e que constitúen unha prolongación do carácter da escritora. Como coleccionista, dona Emilia interesouse por un protagonismo feminino afastado do tópico, como amosan gran parte das pezas aquí escolmadas.