A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán está situada no número 11 da rúa Tabernas da Coruña, na que foi a residencia familiar da escritora dende a infancia e escenario fundamental da súa vida persoal e literaria. O edificio é tamén sede da Real Academia Galega, institución que nomeou a Pardo Bazán presidenta honoraria e que recibiu máis tarde das súas herdeiras o legado material da autora, que inclúe tamén o seu arquivo e a biblioteca.