Oh! A vida contemporánea. Unha conversa de Emilia Pardo Bazán e María Vinyals
- Thursday September 16, 2021
-
Ás 17:00 e ás 19:00
Casa Museo-Pardo Bazán
Rúa Tabernas, 11 - A CoruñaReservas en difusion@academia.gal (máximo 2 persoas por correo)
A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán será escenario, no día do aniversario da autora, dunha acción dramatizada na que a homenaxeada recibirá a súa amiga María Vinyals (1875-1940), outra escritora que, como Pardo Bazán, foi unha destacada defensora da igualdade. As actrices Larraitz Urruzola e Estíbaliz Veiga serán as encargadas de darlles vida ás dúas mulleres a partir do guión escrito por Mariana Carballal inspirándose nos textos feministas e a vida de Pardo Bazán.
Haberá dúas representacións, ás 17:00 e ás 19:00 horas. As persoas interesadas en asistir poderán solicitar a reserva de praza a través do correo electrónico difusion@academia.gal indicando o horario solicitado, o seu nome completo e un número de teléfono de contacto. Admitirase a reserva dun máximo de 2 prazas por correo.