Ir ao contido da páxina
  1. A Casa-Museo
  2. Actividades

Oh! A vida contemporánea. Unha conversa de Emilia Pardo Bazán e María Vinyals

  • Xoves 16 de setembro de 2021
  • Ás 17:00 e ás 19:00
    Casa Museo-Pardo Bazán
    Rúa Tabernas, 11 - A Coruña

    Reservas en difusion@academia.gal (máximo 2 persoas por correo)

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán será escenario, no día do aniversario da autora, dunha acción dramatizada na que a homenaxeada recibirá a súa amiga María Vinyals (1875-1940), outra escritora que, como Pardo Bazán, foi unha destacada defensora da igualdade. As actrices Larraitz Urruzola e Estíbaliz Veiga serán as encargadas de darlles vida ás dúas mulleres a partir do guión escrito por Mariana Carballal inspirándose nos textos feministas e a vida de Pardo Bazán.

Haberá dúas representacións, ás 17:00 e ás 19:00 horas. As persoas interesadas en asistir poderán solicitar a reserva de praza a través do correo electrónico difusion@academia.gal indicando o horario solicitado, o seu nome completo e un número de teléfono de contacto. Admitirase a reserva dun máximo de 2 prazas por correo.

Ver vídeo do avance do espectáculo.