Xunto á casa familiar de Emilia Pardo Bazán, a Real Academia Galega recibiu en doazón o seu arquivo persoal, un valiosísimo fondo composto por manuscritos de novelas, contos, conferencias ou artigos, fotografías e correspondencia que constitúe a maior colección do mundo da autora. Alén deste legado, a RAG custodia documentos relacionados con ela noutros fondos arquivísticos e adquiriu en 2018 un conxunto de cartas autógrafas que descobren un chisco do seu universo máis íntimo e cotián.