Revista La Tribuna
La Tribuna: Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán é unha revista dedicada á publicación de traballos de investigación, recensións e notas referidos á vida e á obra de Emilia Pardo Bazán, así como a dar conta doutras noticias e actividades relacionadas coa escritora. Abre así as súas páxinas a traballos orixinais tanto sobre a biografía da coruñesa como sobre a súa produción intelectual, e todas aquelas investigación que permitan mellorar o noso coñecemento da autora.
Publicacións non periódicas
Ademais da publicación anual da súa propia revista académica, a Casa-Museo publica diferentes títulos independentes relacionados con Emilia Pardo Bazán e edicións especiais da súa obra co propósito de achegar novas olladas á figura e ao seu legado da autora. A listaxe de volumes inclúe tamén propostas dirixidas especificamente ao público de menor idade.