Go to page content
  1. News

A Academia acolle unha escola de verán de alumnado de Kiel para traducir a Pardo Bazán

A Real Academia Galega acolleu esta semana unha escola de verán de tradución de alumnos e alumnas da Universidade de Kiel centrada na obra de Emilia Pardo Bazán. O programa, organizado polo profesor da institución alemá Javier Gómez Montero, permitiulles afondar na obra da autora no que foi o seu fogar na cidade da Coruña e coñecer a súa casa-museo e o conxunto do patrimonio cultural que custodia a RAG.

O alumnado da Universidade de Kiel traballando no salón de actos da RAG

O alumnado de Kiel traballou nun proxecto centrado nos contos de Emilia Pardo Bazán recompilados pola profesora Cristina Patiño Eirín no volume El encaje roto: antología de cuentos de violencia contra las mujeres. Ademais de participar en obradoiros de tradución, os estudantes alemáns realizaron visitas culturais na cidade da Coruña e Santiago de Compostela.

 

Javier Gómez Montero na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Víctor F. Freixanes clausura a escola de verán acompañado na mesa pola académica correspondente Olivia Rodríguez e o profesor Javier Gómez Montero