Nova entrada da serie ‘Contos Escollidos. Emilia Pardo Bazán dende hoxe’. Lúa Mosquetera destaca “El corazón perdido”.
Lúa Mosquetera (Miño, 1988) é campioa do Poetry Slam galego, finalista do estatal e gañadora do premio ARitmar de Mellor Poesía da Galiza 2021 por “Anorak de pel de caribú”, incluído en Espíderman (2022).
O texto completo do conto está á vosa disposición neste enlace
Dende un universo literario cheo de corazóns, era fácil que coñecese este. “El corazón perdido” (1894), foi un relato literario, escrito nos primeiros tempos do modernismo en toda España, que proba a tese de Lúa: «non hai máis verdade que a que amosa unha ficción». Lúa tamén pon en valor a chamada de atención da escritora sobre «o difícil que é amar a peito descuberto, con todas as consecuencias, ata o final».
'Contos escollidos. Emilia Pardo Bazán dende hoxe' é unha serie da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán realizada co apoio económico da Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
A música é cortesía de @gitanodepalo