Ir ao contido da páxina
  1. A Casa-Museo
  2. Actividades

Rosa Martínez no ciclo de conversas da Casa-Museo

  • Xoves 7 de outubro de 2021
  • 18:00 horas

O encontro terá lugar no salón de actos da Real Academia Galega (Tabernas, 11 - A Coruña).

A entrada libre ata completar a capacidade da sala. A conversa poderá seguirse tamén en directo a través da canle de Youtube de Cultura da Coruña.

 

Rosa Martínez, primeira directora da Radio Galega, protagoniza un novo encontro do ciclo As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán. Conversas na Casa-Museo. A que foi a primeira directora da Radio Galega conversará coa tamén xornalista Chus Castro sobre a presenza das mulleres no xornalismo.

O ciclo As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán. Conversas na Casa-Museo é unha iniciativa do Concello da Coruña en colaboración coa Real Academia Galega, a través da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, co gallo do centenario do pasamento da escritora.