Paseo Por Marineda. Acción dramatizada con Emilia Pardo Bazán e María Vinyals
- Venres 22 de outubro de 2021
-
19:00 h
As actrices Larraitz Urruzola e Estíbaliz Veiga dan vida a Emilia Pardo Bazán e María Vinyals nun percorrido que levará o público por distintos lugares destacados de Marineda, a construción literaria da Coruña de Pardo Bazán. As persoas que desexen participar nesta acción dramatizada deberán presentarse o venres 22 de outubro minutos antes das 19 horas ás portas da Casa-Museo Pardo Bazán (rúa Tabernas, 11 - A Coruña).