Conversa coa escultora Soledad Penalta
- Xoves 2 de decembro de 2021
-
18:00 horas
Salón de actos da Real Academia Galega
Rúa Tabernas, 11
A Coruña
A escultora Soledad Penalta é a protagonista da xornada de clausura do ciclo As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán. Conversas na Casa-Museo, organizado polo Concello da Coruña en colaboración coa Real Academia Galega a través da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. O encontro terá lugar o xoves 2 de decembro no salón de actos da institución (rúa Tabernas, 11 - A Coruña) a partir das 18:00 horas. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. A sesión poderá seguirse tamén en directo dende a canle de Youtube de Cultura da Coruña.