Ir ao contido da páxina
  1. Emilia Pardo Bazán
  2. Obra

La dama joven

Xénero
Libros de contos
Editorial
“Biblioteca Arte y Letras”, impr. Daniel Cortezo y Cía.
Cidade
Barcelona
Ano
1885

Contén: La dama joven; Bucólica; Nieto del Cid; El indulto; Fuego a bordo; El rizo del Nazareno; La Borgoñona; Primer amor; Un diplomático; Sic transit...; El premio gordo; Una pasión; El príncipe amado; La gallega. É a primeira e única colección que se publica en vida da autora con acompañamento de ilustracións (de Mariano Obiols y Delgado e fotogravados de J.Thomas). Este feito foi criticado por Leopoldo Alas “Clarín” por demasiado “popular”. A súa realización está documentada nas cartas a José Ixart, director da revista que leva o mesmo nome que a Biblioteca, «Arte y Letras». Unha muller de clase obreira con aspiracións artísticas no teatro e oficio de costureira deberá decidir o seu futuro. A trama desenvólvese nunha Marineda ben recoñecible.