Ir ao contido da páxina
  1. Novas

Soledad Penalta: unha artista "libre" para clausurar o ciclo de conversas do centenario de Pardo Bazán

A escultora foi a última convidada do ciclo As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán. Conversas na Casa-Museo. Soledad Penalta, que vén exercendo a escultura dende 1972, compartiu na conversa con Noela Bao como foi o camiño que a levou a, entre outras cousas, ser recoñecida co Premio da Cultura Galega de Artes Plásticas en 2019. “A dona Emilia non lle molestaría ter unha peza miña: era unha persoa libre, coma min”, afirmou a artista.

A de onte foi a derradeira cita deste programa, coorganizado polo Concello da Coruña en colaboración coa Real Academia Galega a través da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, que celebrou o centenario do pasamento da escritora con oito mulleres de referencia nos seus respectivos eidos profesionais en conversa con xornalistas de distintos medios.