Ir ao contido da páxina
  1. Novas

Cadrando coa data na que a porta do alén se abre, publicamos o conto de terror de Emilia Pardo Bazán: "No lo invento".

Algúns dos relatos breves de Emilia Pardo Bazán non chegaron a verse recompilados en ningún dos seus 18 libros de contos. Ese é un dos motivos polos que facer o seu cómputo completo é unha tarefa tan dificil. "No lo invento" aparece publicado por ela unicamente na súa revista Nuevo Teatro Crítico nº 3, en marzo de 1891. A data é importante: Emilia está en pleno loito pola morte do seu pai e todas as atrocidades que o relato suxire poden deixar translucir o golpe emocional recibido.

Despois de lelo quédanos a dúbida sobre se o horror vén de máis aló ou xa está entre todos nós.

O texto completo do conto está á vosa disposición neste enlace