Presentación del libro «A educación do home e da muller e outros escritos feministas»
- Jueves 16 de septiembre de 2021
-
Emisión en directo en academia.gal
La Real Academia Galega celebra el aniversario de Emilia Pardo Bazán (1851-1921) con la presentación del libro A educación do home e da muller e outros estudos feministas, coeditado con el Parlamento de Galicia, y una representación dramatizada abierta al público. Las actividades se incluyen en el marco de la programación de la RAG con motivo del centenario de la muerte de la homenajeada.
O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira; a académica Marilar Aleixandre e a tradutora Mónica Bar Cendón presentarán a Educación do home e da muller e outros escritos feministas ás 11:30 horas na sede da Academia, no que foi o fogar de Emilia Pardo Bazán na Coruña, a súa cidade natal e a Marineda das súas novelas, e que hoxe acolle tamén a súa Casa-Museo. O acto poderá seguirse en directo a través de academia.gal.
O volume recompila e verte ao galego unha serie de textos escolmados por Marilar Aleixandre, directora da revista La Tribuna. Cadernos de estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Un deles o que dá título ao libro, "A educación do home e da muller", un dos ensaios sobre feminismo máis relevantes da escritora, que o presentou no Congreso Pedagóxico de 1892. Mónica Bar Cendón encargouse da tradución desta edición especial que pretende contribuír ao coñecemento do pensamento dunha muller adiantada en materia de igualdade.