Congreso Internacional Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois
- Do 25 ao 29 de outubro de 2021
-
Máis información sobre sedes, calendario e asistencia na web do Congreso.
A Real Academia Galega reunirá os máis destacado investigadores da vida e da obra de Emilia Pardo Bazán do 25 ao 29 de outubro no Congreso internacional Emilia Pardo Bazán, cen anos despois, coorganizado da man do Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela co gallo do centenario do pasamento da autora. A inscrición para asistir a este encontro, tanto presencialmente como en liña, é gratuíta e mantense aberta ata o 12 de outubro. As persoas interesadas deberán enviar os seus datos ao correo electrónico: info@congresopardobazan100anos.gal.
O 12 de maio de 2021 cumpríronse cen anos do pasamento de Emilia Pardo Bazán. A Real Academia Galega, titular da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, como herdeira, por legado testamentario de Blanca Quiroga Pardo-Bazán, da casa da escritora co seu mobiliario e obxectos, así como da biblioteca e o arquivo que se custodian na súa sede da rúa Tabernas da Coruña, quere sumarse aos actos que en Galicia conmemorarán este centenario organizando Congreso Internacional "Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois". Esta cita dálle continuidade aos cinco simposios e congresos que, promovidos tamén pola Real Academia Galega, tiveron lugar na Coruña entre 2004 e 2008.